Instalación do mIRC en Galego
Home

Latest News
Download mIRC
How to Install
Translations

Intro to IRC
IRC FAQ

Intro to mIRC
mIRC FAQ
Command List

How to Register

Mailing Lists
IRC Networks
Chat Links
More Info

mIRC é un programa inglés e non está dispoñible na actualidade ningunha versión traducida. Non obstante, usa-lo mIRC non é moi difícil para os usuarios que falan outros idiomas. A meirande parte dos botóns, características e funcións así coma os comandos, son moi sinxelos. A instalación do mIRC ó querer entrar no IRC é normalmente o primeiro e único problema. Isto é precisamente o que queremos solucionar con este texto e as traduccións. 

Este texto está traducido por Christian F. García do arquivo orixinal escrito por Tjerk Vonck situado na dirección http://www.mirc.co.uk/translations/english.txt. Decatate que Tjerk non fala Galego. As preguntas sobre mIRC serán enviadas a [email protected] pero SO en inglés. 

Se tes algunha dúbida da traducción, de software en Galego, de Galicia ou do Galego (ou incluso do mIRC) mándame un correo electrónico a [email protected] e te respostarei tan pronto coma poida. No caso que teñas algún programa en Galego -feito por ti ou algunha versión shareware dun programa comercial-, algunha páxina con información interesante en Galego, ou incluso que quixeras colaborar en proxectos de traducción, mandame un correo, pero por favor, se o que queres é amosarme un programa, non o mandes, indícame a dirección na Internet onde poder baixalo (o mail ten un límite de espacio e poderías colapsalo) Graciñas polo tempo empregado en ler esta traducción.


¿ Qué é o IRC ?

IRC (Internet Relay Chat) é unha rede virtual de conversa onde múltiples usuarios de calqueira lugar do mundo se reúnen para falar -bueno, escribir- , de calqueira cousa. Cando executas mIRC; este pequeno programa ligache a un servidor nunha rede de IRC. Todo-los servidores líganse entre si e pasan mensaxes de usuario a usuario na rede de IRC. Poderás participar en grupos de charla nas miles de canles do servidor de IRC ligado, ou en calqueira dos centos de redes de IRC, ou sinxelamente podes falar en privado con familiares ou amigos, independentemente do lugar do mundo no que estes estean. No IRC encontrarás diversidade de opinións, intereses, ideias, e problemas. 

¿ Qué é o mIRC ?

Para usa-lo IRC necesitarás un pequeno programa coma o mIRC, un programa cliente shareware de IRC para Windows, escrito por Khaled Mardam-Bey. mIRC é un cliente de IRC agradable que está ben dotado de opcións e ferramentas. Podes baixa-lo mIRC de balde da páxina de internet http://www.mirc.com/. Neste texto de axuda tentaremos axudarte a baixar, instalar e usa-lo mIRC. 

Como entrar no IRC

Sen problema, te axudaremos a Baixar, Instalar e configura-las Opciones do mIRC. Se non podes baixar e instala-lo mIRC agora no teu Computador, xa o farás mañá. De momento, lee e segue as instruccións..... 

Se te perdes nalgunha parte, volve atrás e relee o párrafo anterior. Se non colle-las ideias ben e "rápido", é posible que necesites ler outra pouca de información. Podemos-te suxerir, por exemplo a Introducción ó IRC en http://www.mirc.com/ircintro.html. Ten presente; que hai moita axuda e información dispoñible, pero -ti- debes ler algo pola tua conta.

Cómo baixa-lo mIRC

O mIRC distribuese en ficheiros auto-extraíbles que instalan o mIRC no teu Computador. Sinxelamente, coma moitos outros programas da Internet. O primeiro que necesitas é averigua-lo mIRC que necesitas executar. mIRC está dispoñible en 16 bites e 32 bites. O de 16 bites é para sistemas operativos mais antigos coma Windows 3.1 ou 3.11. O de 32 bites é para sistemas operativos de 32 bites, coma Windows95, Windows98, Windows2000 ou NT. 

¿ Podería supoñer que xa sabes que ficheiro necesitas ?. O ficheiro de 16 bites leva un nome coma mircxxs.exe. ¿Decataste na 's' ? É a primeira letra de 'sixteen' (16 en inglés). O ficheiro de 32 bites leva un nome similar a mircxxt.exe. A letra 't' é a primeira de 'trinta e dous'. 

Agora xa estás preparado para baixa-lo ficheiro mIRC adecuado dun dos sitios web do mIRC. Executa o teu navegador e vai a http://www.mirc.com ou a un dos sitios espello. Verás ó ir ó enlace de baixar, unha longa lista de direccións. ¡Non importa o lugar elixido, todos teñen o mesmo arquivo!. Por suposto, baixalo dun lugar que estea preto, irá mais rápido. Agora de momento, salva o arquivo no teu disco ríxido. Selecciona unha pasta no teu disco ríxido, onde logo o poidas encontrar. Non te desesperes, baixa-lo mIRC pode tardar algúns minutos dependendo da tua velocidade de conexión... 

¿ Qué facer agora ? Instalación

Agora que baixache-lo mIRC, xa estás listo para instala-lo mIRC no teu Computador. ¿Recorda-lo nome do arquivo baixado? Pescuda por el no teu disco ríxido. Unha vez o encontres, podes executalo facendo doble click nel. Isto comezará a instalación do mIRC. O programa pedirá que lea-la licencia de usuario, e preguntará pola 'Pasta de Destiño' (Destination folder); que é, o directorio do teu disco ríxido onde queiras instala-lo mIRC. Normalmente será o proposto c:\mirc. Preme 'OK' varias veces e derradeiramente o botón 'Install' e todo quedará listo. O instalador encargarase de todo o traballo.

Executa-lo mIRC por vez primeira


mIRC xa está instalado no Computador para seres usado. Antes de executarlo, comproba que tes unha conexión activa á Internet. Liga á Internet co módem coma de costume. Agora, busca o icono do mIRC no Menú de Inicio, grupo de programas. Podes inicialo premendo no icono.

mIRC iniciará por vez primeira e aparecerá o menú de Opcións. Tes que introducir unha información elemental. Nun principio so o menú 'Ligar' (Connect) é importante. É o primeiro artigo da lista da esquerda, e é o que abre por defecto. Olvídate de momento das demais opcións. Rechea a liña de Nome, dirección de correo electrónico, Nick e Alternative; 


- Full name: O teu nome real (exemplos: Tjerk Vonck ou Rosalia de Castro)
- E-Mail Address: A tua dirección de correo electrónico(exeplos: [email protected] ou [email protected])
- Nickname: Un nome ou apodo de un a nove caracteres para usar no chat (En servidores alleos ó da rede hispana, o número de caracteres dispoñibles pode aumentar ata un numero bastante alto ) (exemplo: Kreet)
- Alternative: Usarase cando alguén estea usando o Nickname anterior na rede de IRC. (exemplo: Kreet-)

Podes seleccionar outro servidor de IRC se non queres ligar ó predefinido, neste exemplo o US DALnet. Por exemplo, para chatear na rede hispana (en Galego, Euskera, Catalá e Castelán, básicamente), deberas ligar a irc.irc-hispano.org. Non é imprescindible, como é lóxico, poñe-lo Nome e Direccion de Correo Electrónico verdadeiros, pero si que é necesario, algún dado. ¿Ollache-la opción 'Invisible mode' ? Suxirote que a actives se non queres que te encontren outros usuarios, se te buscan no Servidor.

Agora que xa configurache-lo mais básico, preme o botón 'Connect to IRC Server' e entrarás no server de IRC que elixiras. ¡Noraboa! ; O mellor e que a próxima vez non terás que facer isto de novo :)

¿ Qué está a suceder ?

Tómao con tranquilidade e bota unha mirada ó redor... moitas cousas están a ocorrer. mIRC (por fortuna) ligou con algún servidor de IRC da DALnet. Este servidor envioute algunhas mensaxes sobre o estado do sistema na xanela 'Status' (Estado). Á sua vez o mIRC amosate nun menú de diálogo a Pasta de Canles. Míraa con detemento; amosa unha selección das canles do IRC mais populares. ¿Queres probar algunha delas? Podes facer doble-click en calqueira canle suxestionada na lista.

Cando entras nunha canle, unha nova xanela aparece no ecra. Os nomes na columna lateral dereita son os nicks das persoas que están a charlar na canle. A xanela esquerda é onde se desenrola a conversa. Tenta dicir 'Hola' ás persoas da canle, so tes que escribilo no lugar adecuado para o texto, debaixo da xanela da canle... Divirtete e charla, e se é posible, entra en canles coma #Galiza, na que poderás manter conversas en Galego ó 100%.Tamén podes utiliza-lo galego en canles de cidades galegas coma Vigo ou Coruña, ainda que nestas se conecten persoas foráneas, e ás veces,encontraraste con xente de toda a España que non entenden a nosa lingua. Recorda, respecto mutuo; se non entenden Galego falalles en Castelán ou Inglés, pero fai tamén respeita-la tua lingua. Xa o di o noso himno: Mais so os iñorantes... ;-)

Para deixa-la canle, so tes que pecha-la xanela da mesma, ou podes usar outros métodos, coma usa-lo menú, que sae ó premer no icono que tes na esquiña esquerda da propia xanela da canle. 

¡Hei carballeira!, isto eche divertido 

Asi o é.. Coma verás non é moi complicado acceder ó IRC. ¡E agora que xa ligaches, tes moito terreo por explorar! A lista de canles que miraches, non está, coma comprenderás completa. Haiche miles deles nesta rede de IRC. Podes escribi-lo comando /list para velos todos. 

Observamento: No menú dos Comandos - arriba no teu ecra - encontranse os comandos básicos do mIRC. Éste menú pode ser de moita utilidade se non coñeces ben o funcionamento do mIRC. 

Podes ligar sinxelamente a outras redes de IRC. Como xa te decatarías, no menú File/Options/Connect podes seleccionar outra rede de IRC e outros servidores de IRC. Preme en 'Connect to IRC Server' para ligar a outras redes. ¿Queres probar? 

Se o que desexas é falar cuns amigos no IRC, asegúrate de ligar á mesma rede de IRC. Sabendo a Canle na que poder estar, é doado pescudar por eles, e iso non ten nada que ver coa cidade ou desde onde liguen os teus amigos. 

Agora que xa instalache-lo mIRC e xa sabes ligar ó servidor, depende de ti o gañar experiencia. Ó principio todo parecerá moi confuso, pero so é cuestión de acostumarse. E as dúbidas resolvense; ¡Sempre hai moitas persoas que te axudarán... soamente tes que preguntar a calqueira se necesitas un pouco de axuda! (Normalmente os usuarios Operadores da canle -os que levan o símbolo @ diante do Nickname- son os que máis experiencia teñen, pregúntalles a eles e seguramente te axudarán sen dubidalo)

Podes desligar do IRC de varias formas, unha ben sinxela é usa-lo icono que tes para iso na parte superior, é o primeiro á esquerda na barra. Antes de desligar suxiro-te que probes algúns dos botóns. Os poderás necesitar mais adiante. 

Máis información


Para máis información, visita a páxina oficial do mIRC en http://www.mirc.com , e de momento non hai ningunha páxina acerca do mIRC en Galego; no caso de aparecer, serán postas eiquí as direccións. Podes visitar www.galego21.org unha páxina adicada ó software en Galego... de momento, isto está moi verde, pero sería unha boa idea que todos pusexemos o noso graiño de area para conseguir que o Galego estea vivo na rede.


Tamén te aconsello mirar no menú de AXUDA (Help) do mIRC. Como verás, o mIRC ven con dous arquivos de axuda importantes; un para o mIRC e outro para o IRC en xeral. Ó último arquivo, ó IRC Intro, xa me referin antes a él e te suxiro que o leas, ben sexa hoxe ou mañá. ¡A Introducción ó IRC explica case todo o que podes encontrar e explica moitas conductas que se dan no IRC! 

¡Pásao bien, e divírtete todo o que poidas no IRC! (que non é pouco)


Versión inglesa orixinal por Tjerk Vonck - [email protected] 
© Copyright 1995-2001 Tjerk Vonck & mIRC Co. Ltd.